O IES Otero Pedrayo ten unha páxina na rede con estes exercicios interactivos. Inclúense exercicios de verbos, determinantes, pronomes, acentuación e moitas máis cousas de interese.
jueves, 31 de marzo de 2011
Exercicios de lingua e literatura
Para practicar un pouquiño o que levamos estudado, tedes aquí un enlace a unha páxina dunha profesora de Lingua e literatura galegas, Rosa Salgueiro. Con Na punta da lingua poderedes repasar moitos conceptos. Ánimo, e a por eles!
Dicionarios en rede da lingua galega
Na Internet tedes á vosa disposición estes dous dicionarios que vos servirán de gran axuda cando a precisedes.
O dicionario da editorial Ir indo (digalego.com) e tamén o VOLGa (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.
Tedes que saber que a editorial Ir Indo vos vai pedir que vos rexistredes para poder usar o seu dicionario; o permiso que vos dá é temporal.
Por outra banda, o VOLGa non é un dicionario, senón un vocabulario. Serve para vermos o xeito correcto de escribir unha palabra, dáche a súa categoría gramatical, pero non o significado.
Recentemente o ILGA acaba de sacar á luz un Dicionario de pronuncia que vos solucionará todas as dúbidas que teñades.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)