jueves, 28 de abril de 2011

Principais fenómenos das linguas en contacto

     Vídeo didáctico para introducir os principais fenómenos que se dan nos contextos de contacto entre linguas: linguas maioritarias/linguas minoritarias; linguas dominantes ou hexemónicas/linguas minorizadas; linguas oficiais/linguas non oficiais; conflito lingüístico; bilingüismo e diglosia; e prexuízos lingüísticos.



Principais fenómenos das linguas en contacto from xanocebreiro on Vimeo.

viernes, 15 de abril de 2011

Autoxenofobia

       Vídeo-montaxe que compara a actitude acomplexada da protagonista cos resultados do célebre experimento The Clark doll experiment. Prexuízos lingüísticos vs prexuízos raciais.

miércoles, 13 de abril de 2011

As regueifas

ORIXE: a regueifa é un bolo de pan, propio das vodas, feito con fariña triga, ovos, manteiga, azucre e moi ben adornado de lambetadas, que podía ser disputado de dúas maneiras: improvisando cantigas de porfía ou bailando unha muiñeira de puntos moi difíciles e artísticos. A regueifa era entregada pola noiva á persoa vencedora na disputa e esta quedaba encargada de repartila entre as solteiras e solteiros asistentes. Ás persoas participantes no xogo chámaselles regueifeiras ou regueifeiros e esta forma acabou por ser utilizada para denominar a todos aqueles que, con bolo ou sen el, nunha voda ou en calquera outra circunstancia, compiten coa palabra para demostra-la súa agudeza e capacidade de improvisación. Hoxe en día, as regueifas coñécense por ser unha cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.

      RIMA E RITMO:  para sabermos como facer unha regueifa o IES BEADE colgou na rede un vídeo no que dous regueifeiros (Luís Caruncho e Pinto d'Herbón) nos ensinan como elaborar estas composicións.  


    
        O seguinte vídeo é un exemplo de regueifa no que participan os regueifeiros anteriores.
           

miércoles, 6 de abril de 2011

Linguas cruzadas

       Documental sobre o estado da lingua galega entre a xente nova emitido na TVG o 17 de maio de 2007.
                                                         

A unidade didáctica para traballarmos este vídeo témola no seguinte enlace: Unidade didáctica.

martes, 5 de abril de 2011

Exercicios de sintaxe

    Para practicarmos un pouquiño a sintaxe temos na Internet un analizador sintáctico que nos fai máis divertida esta tarefa. Podedes comezar pola análise de oracións destinadas a rapaces e rapazas de primaria (Exercicios de sintaxe para primaria). As instrucións para o seu manexo aparecen no Titorial.
   Para secundaria esta é a ligazón: Exercicios de sintaxe .  Tamén tedes aquí o Titorial para saber como podemos realizalo ben. Ánimo!

lunes, 4 de abril de 2011

Nacionalismo lingüístico español

Neste vídeo, o profesor Moreno Cabrera desvela as manipulacións coas que, en moitas ocasións, se intenta ocultar un nacionalismo lingüístico español subxacente. Un comportamento que é necesario denunciar para comprender que está pasando na nosa contorna.

Historia da lingua galega

Ver imagen en tamaño completo


Para comprendermos un pouquiño mellor a historia do noso pobo, Pepe Carreiro preséntanos un libro moi entretido ao que podemos acceder no seguinte enlace: Historia da lingua galega.


    A escola das areas é un vídeo relacionado tamén coa nosa historia. Está baseado nun texto de Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vai a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun ...

viernes, 1 de abril de 2011

Exercicios de sintaxe

  
 Para repasar un pouquiño a análise sintáctica podedes practicar neste enlace que vos facilito a continuación (Exercicios de sintaxe para bacharelato). Para saber como funciona pásovos o titorial coas indicacións para poder levalo a cabo (Titorial). Cando o saibades manexar, podedes comezar por analizar as oracións simples e continuar coas compostas.
Xa veredes que sinxeliño é!
    ... E por se queredes comezar por un nivel máis baixo déixovos as seguintes ligazóns:
Exercicios de sintaxe para primaria. Titorial.
Exercicios de sintaxe para secundaria. Titorial.