lunes, 26 de septiembre de 2011

martes, 10 de mayo de 2011

lunes, 9 de mayo de 2011

Normas ortográficas e morfolóxicas

    Para que poidades resolver calquera dúbida que vos apareza, aquí vos deixo un enlace coas Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega, que aparecen na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

viernes, 6 de mayo de 2011

A literatura galego-portuguesa medieval

     Con esta presentación sobre a literatura medieval, cuxo autor é Ramón Cruces, lembraremos mellor o que ocorreu neste período tan importante da nosa historia.

jueves, 28 de abril de 2011

Principais fenómenos das linguas en contacto

     Vídeo didáctico para introducir os principais fenómenos que se dan nos contextos de contacto entre linguas: linguas maioritarias/linguas minoritarias; linguas dominantes ou hexemónicas/linguas minorizadas; linguas oficiais/linguas non oficiais; conflito lingüístico; bilingüismo e diglosia; e prexuízos lingüísticos.



Principais fenómenos das linguas en contacto from xanocebreiro on Vimeo.

viernes, 15 de abril de 2011

Autoxenofobia

       Vídeo-montaxe que compara a actitude acomplexada da protagonista cos resultados do célebre experimento The Clark doll experiment. Prexuízos lingüísticos vs prexuízos raciais.

miércoles, 13 de abril de 2011

As regueifas

ORIXE: a regueifa é un bolo de pan, propio das vodas, feito con fariña triga, ovos, manteiga, azucre e moi ben adornado de lambetadas, que podía ser disputado de dúas maneiras: improvisando cantigas de porfía ou bailando unha muiñeira de puntos moi difíciles e artísticos. A regueifa era entregada pola noiva á persoa vencedora na disputa e esta quedaba encargada de repartila entre as solteiras e solteiros asistentes. Ás persoas participantes no xogo chámaselles regueifeiras ou regueifeiros e esta forma acabou por ser utilizada para denominar a todos aqueles que, con bolo ou sen el, nunha voda ou en calquera outra circunstancia, compiten coa palabra para demostra-la súa agudeza e capacidade de improvisación. Hoxe en día, as regueifas coñécense por ser unha cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.

      RIMA E RITMO:  para sabermos como facer unha regueifa o IES BEADE colgou na rede un vídeo no que dous regueifeiros (Luís Caruncho e Pinto d'Herbón) nos ensinan como elaborar estas composicións.  


    
        O seguinte vídeo é un exemplo de regueifa no que participan os regueifeiros anteriores.
           

miércoles, 6 de abril de 2011

Linguas cruzadas

       Documental sobre o estado da lingua galega entre a xente nova emitido na TVG o 17 de maio de 2007.
                                                         

A unidade didáctica para traballarmos este vídeo témola no seguinte enlace: Unidade didáctica.

martes, 5 de abril de 2011

Exercicios de sintaxe

    Para practicarmos un pouquiño a sintaxe temos na Internet un analizador sintáctico que nos fai máis divertida esta tarefa. Podedes comezar pola análise de oracións destinadas a rapaces e rapazas de primaria (Exercicios de sintaxe para primaria). As instrucións para o seu manexo aparecen no Titorial.
   Para secundaria esta é a ligazón: Exercicios de sintaxe .  Tamén tedes aquí o Titorial para saber como podemos realizalo ben. Ánimo!

lunes, 4 de abril de 2011

Nacionalismo lingüístico español

Neste vídeo, o profesor Moreno Cabrera desvela as manipulacións coas que, en moitas ocasións, se intenta ocultar un nacionalismo lingüístico español subxacente. Un comportamento que é necesario denunciar para comprender que está pasando na nosa contorna.

Historia da lingua galega

Ver imagen en tamaño completo


Para comprendermos un pouquiño mellor a historia do noso pobo, Pepe Carreiro preséntanos un libro moi entretido ao que podemos acceder no seguinte enlace: Historia da lingua galega.


    A escola das areas é un vídeo relacionado tamén coa nosa historia. Está baseado nun texto de Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vai a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun ...

viernes, 1 de abril de 2011

Exercicios de sintaxe

  
 Para repasar un pouquiño a análise sintáctica podedes practicar neste enlace que vos facilito a continuación (Exercicios de sintaxe para bacharelato). Para saber como funciona pásovos o titorial coas indicacións para poder levalo a cabo (Titorial). Cando o saibades manexar, podedes comezar por analizar as oracións simples e continuar coas compostas.
Xa veredes que sinxeliño é!
    ... E por se queredes comezar por un nivel máis baixo déixovos as seguintes ligazóns:
Exercicios de sintaxe para primaria. Titorial.
Exercicios de sintaxe para secundaria. Titorial.

jueves, 31 de marzo de 2011

Exercicios de gramática e ortografía

   
Ver imagen en tamaño completo

    O IES Otero Pedrayo ten unha páxina na rede con estes exercicios interactivos. Inclúense exercicios de verbos, determinantes, pronomes, acentuación e moitas máis cousas de interese.

Exercicios de lingua e literatura


                                            Para practicar un pouquiño o que levamos estudado, tedes aquí un enlace a unha páxina dunha profesora de Lingua e literatura galegas, Rosa Salgueiro. Con Na punta da lingua poderedes repasar moitos conceptos. Ánimo, e a por eles!

Dicionarios en rede da lingua galega

Ver imagen en tamaño completo        Na Internet tedes á vosa disposición estes dous dicionarios que vos servirán de gran axuda cando a precisedes.
O dicionario da editorial Ir indo (digalego.com) e tamén o VOLGa (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.
       Tedes que saber que a editorial Ir Indo vos vai pedir que vos rexistredes para poder usar o seu dicionario; o permiso que vos dá é temporal.
       Por outra banda, o VOLGa non é un dicionario, senón un vocabulario. Serve para vermos o xeito correcto de escribir unha palabra, dáche a súa categoría gramatical, pero non o significado.
       Recentemente o ILGA acaba de sacar á luz un Dicionario de pronuncia que vos solucionará todas as dúbidas que teñades.