Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
sábado, 8 de diciembre de 2018
Como facer un booktrailer sobre un libro.
Aquí vos deixo un enlace sobre un vídeo titorial que nos axuda a elaborar un booktrailer sobre calquera libro.
Pica aquí.
O resultado final podédelo ver neste booktrailer feito sobre o libro Chamádeme Simbad de Francisco Castro.
Exemplo para facer recensións
Aquí vos deixo un enlace que vos serve como exemplo para facer recensións de calquera libro. Neste caso fálase de Made in Galiza de Sechu Sende.
viernes, 6 de mayo de 2011
A literatura galego-portuguesa medieval
Con esta presentación sobre a literatura medieval, cuxo autor é Ramón Cruces, lembraremos mellor o que ocorreu neste período tan importante da nosa historia.
miércoles, 13 de abril de 2011
As regueifas
ORIXE: a regueifa é un bolo de pan, propio das vodas, feito con fariña triga, ovos, manteiga, azucre e moi ben adornado de lambetadas, que podía ser disputado de dúas maneiras: improvisando cantigas de porfía ou bailando unha muiñeira de puntos moi difíciles e artísticos. A regueifa era entregada pola noiva á persoa vencedora na disputa e esta quedaba encargada de repartila entre as solteiras e solteiros asistentes. Ás persoas participantes no xogo chámaselles regueifeiras ou regueifeiros e esta forma acabou por ser utilizada para denominar a todos aqueles que, con bolo ou sen el, nunha voda ou en calquera outra circunstancia, compiten coa palabra para demostra-la súa agudeza e capacidade de improvisación. Hoxe en día, as regueifas coñécense por ser unha cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.
RIMA E RITMO: para sabermos como facer unha regueifa o IES BEADE colgou na rede un vídeo no que dous regueifeiros (Luís Caruncho e Pinto d'Herbón) nos ensinan como elaborar estas composicións.
O seguinte vídeo é un exemplo de regueifa no que participan os regueifeiros anteriores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)