jueves, 31 de marzo de 2011

Dicionarios en rede da lingua galega

Ver imagen en tamaño completo        Na Internet tedes á vosa disposición estes dous dicionarios que vos servirán de gran axuda cando a precisedes.
O dicionario da editorial Ir indo (digalego.com) e tamén o VOLGa (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.
       Tedes que saber que a editorial Ir Indo vos vai pedir que vos rexistredes para poder usar o seu dicionario; o permiso que vos dá é temporal.
       Por outra banda, o VOLGa non é un dicionario, senón un vocabulario. Serve para vermos o xeito correcto de escribir unha palabra, dáche a súa categoría gramatical, pero non o significado.
       Recentemente o ILGA acaba de sacar á luz un Dicionario de pronuncia que vos solucionará todas as dúbidas que teñades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario