O IES Otero Pedrayo ten unha páxina na rede con estes exercicios interactivos. Inclúense exercicios de verbos, determinantes, pronomes, acentuación e moitas máis cousas de interese.
jueves, 31 de marzo de 2011
Exercicios de lingua e literatura
Dicionarios en rede da lingua galega
O dicionario da editorial Ir indo (digalego.com) e tamén o VOLGa (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.
Tedes que saber que a editorial Ir Indo vos vai pedir que vos rexistredes para poder usar o seu dicionario; o permiso que vos dá é temporal.
Por outra banda, o VOLGa non é un dicionario, senón un vocabulario. Serve para vermos o xeito correcto de escribir unha palabra, dáche a súa categoría gramatical, pero non o significado.
Recentemente o ILGA acaba de sacar á luz un Dicionario de pronuncia que vos solucionará todas as dúbidas que teñades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)